{"product_id":"9788499147864","title":"Perigo vexetal","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil, 1995 É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos \"rapaces do pasado\" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ó redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119656288496,"sku":"9788499147864","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147864_p0.jpg?v=1763748025","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147864","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}