{"product_id":"9788499147895","title":"Volverás, golfiño","description":"A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47166141694192,"sku":"9788499147895","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147895_p0.jpg?v=1763749273","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147895","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}