{"product_id":"9788499147970","title":"A Veiga é como un tempo distinto","description":"Premio Terra de Melide 2010. Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto.Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47172800479472,"sku":"9788499147970","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147970_p0.jpg?v=1763749039","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147970","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}