{"product_id":"9788499147987","title":"O bebedor de rakia","description":"Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame, a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia, a morte foron experiencias que abriron en Alberte unha ferida desas que non sollan, a da marca profunda do medo, esa cicatriz pola que supura o suor da carraxe. Des que regresou daquel inferno, Alberte converteuse nun auténtico alieníxena, refractario a todo sentimento; dende entón, lembrar é a súa única manifestación de valentía.A intensidade desta novela memorable, que non ofrece tregua nin concesión ningunha, confirman a Xesús Manuel Marcos como un dos narradores máis potentes do noso tempo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47162314227952,"sku":"9788499147987","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147987_p0.jpg?v=1763750994","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147987","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}