{"product_id":"9788499148298","title":"Funambulistas","description":"XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e, aínda que a teñamos, non podemos mantela  definitivamente: a estabilidade é un agasallo vulnerable, sen garantías. Vivimos expostos a ventos e tempestades e dese xeito avanzamos pola corda inestable, as máis das veces sen rede.  Funambulistas é un libro de relatos ¿moitos deles ligados entre si¿ de ampla variedade de situacións, de circunstancias e de personaxes, nos que predomina a primeira persoa, a fin de que os protagonistas poidan expresarse con propia voz. Do dramatismo ao suspense, da denuncia ao humor, este libro de Mercedes Leobalde está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás, outras verdadeiramente excepcionais (o monxe en plena crise espiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada que reúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa do códice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enferma terminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida¿). Con Funambulistas, Mercedes Leobalde móstrase como unha hábil narradora para descifrar os camiños da vida.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47181156974832,"sku":"9788499148298","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499148298_p0.jpg?v=1763749224","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499148298","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}