{"product_id":"9788499148755","title":"Chamábase Luis","description":"Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1989 Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47181141475568,"sku":"9788499148755","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499148755_p0.jpg?v=1763749280","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499148755","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}