{"product_id":"9788499149110","title":"Calzados Lola","description":"Premio Blanco Amor de Novela, 1997 Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta.En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a dun pasado familiar, a de como construímos a nosa identidade. Varias historias contadas e suxeridas. Vidas veladas, o desvelamento da vida. O pasado e o presente, os pais e os fillos e os avós, os vivos e os mortos. Unha viaxe á orixe, unha escapada. O odio e o amor, a morte e a resurrección. Dúas novelas, unha de suspense e acción que nos arrastra na súa viveza,. e outra densa e fonda que conta a crise, esfarelamento e reconstrucción da identidade persoal. Un libro que conta, coa sensibilidade de hoxe, historias tan vellas como a xente. Unha novela atlántica.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47167032885488,"sku":"9788499149110","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499149110_p0.jpg?v=1763749065","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499149110","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}