{"product_id":"9788499149257","title":"En salvaxe compaña","description":"Premio da Crítica Galega (Creación), 1994 Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido...Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47180358811888,"sku":"9788499149257","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499149257_p0.jpg?v=1763751023","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499149257","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}