{"product_id":"9788499149509","title":"Nena e o mar","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47172807000304,"sku":"9788499149509","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499149509_p0.jpg?v=1763750043","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499149509","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}