{"product_id":"9788499149684","title":"O dobrón de a oito","description":"O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos  camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais. Os feitos arrancan coa chegada do protagonista á taberna de Lusquiños, que se levanta ao pé da praia do mesmo nome. É entón cando comezan a se destapar os enigmas que rodearon os últimos días do pai do protagonista, un artilleiro que morrera nun barco da real armada. A precipitación dos acontecementos na taberna fai que Martiño procure a axuda do fidalgo de Dornas e do curioso personaxe do gaiteiro Gures. Finalmente, os tres xuntos veranse na obriga de afrontar un perigoso destino.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47177844261104,"sku":"9788499149684","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499149684_p0.jpg?v=1763748059","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499149684","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}