{"product_id":"9788499149769","title":"Cara ao leste","description":"O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencóntranse tras moitos anos logo de que, a raíz dun incendio, as súas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non están soas, a aldea eterna enfróntase unha vez máis á morte coa súa propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparición dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser. O velorio é un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compártese o que separa sen deixar fluír o máis profundo antes de que chegue a luz do día e devolva a cada unha ao mundo cotián en que habita.  Cara ao leste propón unha reflexión incómoda sobre o punto de partida e o dilema que leva á procura de novos territorios.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47162935116016,"sku":"9788499149769","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499149769_p0.jpg?v=1763750046","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499149769","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}