{"product_id":"9788499923673","title":"Outra idea de Galicia","description":"\u003cp\u003e\u003cb\u003eUn libro pensado inicialmente para explicarlles Galicia aos non  galegos, pero que se converteu nun texto de referencia dentro do propio país.\u003c\/b\u003e\u003c\/p\u003e \u003cp\u003eEsta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor,  dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos,  pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso  propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha  particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de  viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo  irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados  sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos,  para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia.\u003c\/p\u003e \u003cp\u003e\u003cb\u003eCríticas:\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003e«O que subxace como pano de fondo en \u003ci\u003eOutra idea de Galicia\u003c\/i\u003e non é  máis que a ollada sempre indagadora e nunca compracente de Miguel-Anxo  Murado, a súacuriosidade intelectual, o seu estilo irónico e directo.»\u003cbr\u003eMartín Veiga, \u003ci\u003eGalicia 21\u003c\/i\u003e\u003c\/p\u003e \u003cp\u003e«Unha ferramenta útil para lembrarnos a nós mesmos quen somos.»\u003cbr\u003eCésar Lorenzo Gil, \u003ci\u003eA Nosa Terra\u003c\/i\u003e\u003c\/p\u003e \u003cp\u003e«Control do pulso. A nada motricidade. Movementos que se producen case  imperceptibles: Murado limpa as ideas extremas, pon certa racionalidade  sobre a mesa, elude as controversias facendo uso do que a rman os feitos.»\u003cbr\u003eNelson Rivera, \u003ci\u003eEl Nacional de Caracas\u003c\/i\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Penguin Random House Grupo Editorial España","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47166282629360,"sku":"9788499923673","price":8.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499923673_p0.jpg?v=1763748908","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499923673","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}