Skip to product information
1 of 1

Eddie Loussararian

Era por setembro

Era por setembro

Regular price $100.00 USD
Regular price Sale price $100.00 USD
Sale Sold out
Shipping calculated at checkout.
Quantity
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais. A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con ¿Era por setembro¿ (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.
View full details